Ourense prepárase para outra fin de semana baixo aviso amarelo por altas temperaturas
Ourense prepárase para afrontar unha nova fin de semana marcada polas altas temperaturas, que podrían chegar aos 40º durante a xornada do sábado, 10 de agosto.
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) ten activado o aviso amarelo a partir das 13.00 horas deste venres, cando se esperan alcalzar os 36º. O sábado, a alerta elevarse a nivel laranxa, sendo a xornada máis quente de toda a fin de semana, mentres que domingo as temperaturas máximas serán de 37º.
As autoridades sanitarias piden evitar a exposición solar durante as horas centrais do día e lembran a importancia de hidratarse ben e permanecer en lugares ben ventilados para evitar os temidos golpes de calor. Ademais, aconsellan non consumir bebidas alcohólicas ou quentes e refrescarse de forma frecuente.