Ourense presenta unha nova edición de Funergal

OurenseXa
A 12ª Feira Internacional de Produtos e Servizos Funerarios terá lugar en Expourense entre o 16 e o 18 de maio
funergal_expourense
Feira Internacional de Produtos e Servizos Funerarios (Funeral)
15 Apr 2024

De carácter bienal, Funergal, Feira Internacional de Produtos e Servizos Funerarios, regresa ao calendario de Expourense para celebrar a súa 12ª edición entre o 16 e o 18 de maio de 2024. Trátase do único punto de encontro profesional da Península que ademais de formación especializada e capital relacional, ofrece compra e venda de produtos e servizos funerarios, é dicir, negocio.

Funergal 2024 conta con expositores e visitas de empresarios do sector procedentes de 9 países (España, Portugal, Italia, Países Baixos, Polonia, México, Ecuador, O Salvador e China), unha cifra que crecerá no momento da súa celebración xa que aínda están abertas as xestións comerciais pendentes das últimas confirmacións internacionais. Desde Funergal destacan o alto grao de fidelidade por parte dos expositores habituais aos que engadiron outros novos.

Polo que respecta á formación especializada celebrarase o 3º Congreso Internacional de Directivos Funerarios que abordará os temas indicados polos membros do comité organizador do evento e que abordarán a actualidade do sector desde distintas perspectivas. Entre outras temáticas, falarase do Decreto de Sanidade Mortuoria de Galicia; da nova Lei de Formación Profesional, un reto para as empresas funerarias; da Comunicación de crise no sector funerario: do poder das redes sociais nas Homenaxes en Vida; distintos procesos tanatológicos ou do papel dos Cemiterios no seu compromiso ambiental e fronte ao cambio climático. Tamén participarán como relatores expertos do Grupo Albia e PANASEF.

Funergal é tamén un gran punto de encontro para a familia funeraria e por iso organizou un programa social que inclúe unha visita a unha adega da Denominación de orixe Ribeiro e unha cea de gala, que conta co apoio de Interfunerarias, para que poidan gozar da excelente enogastronomía da provincia de Ourense.
Trátase ademais da segunda edición de Funergal con Alta Velocidade. Ourense está agora a 2 horas e 15 minutos de Madrid en Alta velocidade unha cidade conectada con voo directo con 66 países. Isto facilitará a participación de expositores e, sobre todo, visitantes nacionais e internacionais. Aqueles que decidan acudir en tren poderán beneficiarse dun 10% desconto grazas ao convenio que Expourense mantén con RENFE.

Esta 12ª edición está patrocinada pola Deputación Provincial de Ourense e tamén co patrocinio de importantes grupos empresariais do país como Interfunerarias, Grupo Albia, a colaboración de Enalta ou a participación como expositor do Grupo Mémora, entre outras importantes empresas do sector.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18972086906433