Ourense, punto de saída da etapa de La Vuelta

OurenseXa
Ourense será o punto de saída da etapa de LaVuelta, que o xoves irá desde a cidade até a estación de Manzaneda
autobuses-urbanos-ourense-pavillon-dos-remedios
27 Aug 2024

A Policía Local do Concello de Ourense informa do dispositivo de tráfico motivado polo paso pola cidade da volta ciclista a España, cuxa etapa número 12 sairá da cidade este xoves, 29 de agosto, con destino á estación de montaña de Manzaneda. A proba deportiva requirirá realizar cortes e restricións de tráfico para garantir a realización do evento deportivo dentro das marxes de seguridade.

A etapa sairá da Avenida Pardo de Cela e avanzará pola Praza Concepción Arenal, Rúa Concello, Parque de San Lázaro, Rúa Curros Enriquez e Avenida Otero Pedrayo. Por este motivo, o corte de tráfico comezará ás 13.30 h, ata a finalización, que se prevé para as 14.20 h. Porén, as restricións comezarán este mércores, 28 de agosto, con motivo dos traballos de montaxe da saída da carreira. Así, desde as 18.00 h de mañá até o xoves ás 10.00 h, restrinxirase o tráfico rodado nas rúas Pardo de Cela, Dalí, Xesús Soria e no tramo inferior da rúa Remedios (desde a rúa Greco), permitíndose o acceso de residentes aos seus garaxes. Desde as 10.00 h do xoves pecharanse ao tráfico na súa totalidade, de xeito que non poderán acceder os residentes aos garaxes, até que remate o evento.

Os vehículos que queiran acceder á rúa Avilés de Taramancos e os que accedan a garaxes desa vía, desde mañá, mércores, ás 18:00 h e ata o xoves, 29, ás 17:15 h, farano pola rúa Ponte Pedriña. O xoves 29 desde as 10:00 h pecharanse ao tráfico a rúa Saenz Díez, no treito comprendido entre Samuel Eiján e a Praza Concepción Arenal, o tramo inferior da Habana e a rúa Concello. O tráfico nestas vías restablecerase tras o paso dos ciclistas.

Na Avenida de Otero Pedrayo, desde as 13:40 h cortarase o tráfico en sentido ascendente, quedando aberto ao tráfico rodado durante o transcurso da carreira as vías de servizo e en sentido descendente. Con motivo do paso da Caravana Ciclista, cortarase o tráfico na Ponte Nova en sentido centro cidade e, xa desde a mañá do xoves 29 librarase de vehículos a rúa Concello e a rúa Francisco Llorens.

Itinerarios alternativos

Tras a finalización da carreira (ás 14:20 h), só quedará cortada ao tráfico a Avenida Pardo de Cela ata as 17:30 h para a desmontaxe do posto de saída, restablecéndose o tráfico rodado cando finalicen os traballos. Os vehículos dos equipos situaranse na Ponte do Milenio, que quedará pechada ao tráfico o xoves desde as 10:00 h até que remate a proba.

Os vehículos que queiran acceder ao centro da cidade tanto o mércores 28 como o xoves 29 de agosto poderán continuar pola Avenida Ribeira Sacra (N-120) e a Rúa Otero Pedrayo ou ben continuar pola Ponte Novísima e acceder pola Rúa Basilio Álvarez e a Ponte Nova. O xoves 29 de agosto manterase este itinerario, salvo na franxa horaria de 13.30 h ata 14.20 h que se verá afectada pola saída da volta.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19098901748657