Ourense recibirá o 2026 ao ritmo da Orquestra Kubo na rúa Progreso

OurenseXa
A festa comezará a partir da 1:00 da madrugada
fogos-artificiais-festas
31 Dec 2025

O Concello de Ourense organiza esta madrugada unha festa a cargo da Orquestra Kubo para dar a benvida ao 2026. A actuación terá lugar á 1:00 da madrugada do 1 de xaneiro na rúa Progreso, convertendo esta emblemática vía no escenario dunha festa musical para saudar o ano novo.

Para facilitar a instalación e desenvolvemento do evento, a Policía Local deseñou un dispositivo especial que implicará cortes de tráfico na rúa Progreso. Desde as 15:00 horas do 31 de decembro, pecharase un tramo desta rúa para montar o escenario, e a partir das 21:30 horas o corte ampliarase ata a rúa Concordia. Durante estas horas, desviaráse o tráfico para garantir a seguridade tanto dos asistentes como dos vehículos. O dispositivo manterase ata que finalicen as tarefas de desmontaxe unha vez concluída a actuación.

Deste xeito, Ourense dará a benvida ao 2026 con boa música e un ambiente festivo na rúa Progreso, grazas á actuación da Orquestra Kubo.

⚙ Configurar cookies
0.080847024917603