Ourense senta as bases para a creación dunha mesa de traballo para o desenvolvemento urbano

OurenseXa
O Concello de Ourense, a Asociación Provincial de Construtores, o Colexio de Aparelladores e o Colexio de Arquitectos mantiveron un encontro para avanzar na creación dunha mesa de traballo entre as partes
Concello_Ourense_recurso
Concello de Ourense
23 Maio 2024

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, reuniuse esta mañá coa Asociación Provincial de Construtores de Ourense, co Colexio de Aparelladores e o Colexio de Arquitectos de Ourense coa intención de sentar as bases para a constitución dunha mesa de traballo entre as partes.

O obxectivo desta mesa de traballo é o de colaborar para conseguir unha maior axilidade administrativa e concertar criterios de actuación que axuden a impulsar o desenvolvemento urbano e contribuír á dinamización da economía local.

0.2021119594574