Ourense terá un novo pavillón para acoller a actividade dos equipos de ximnasia da cidade

OurenseXa
O goberno municipal prevé construír un novo pavillón deportivo especializado que sirva como sede para a práctica da ximnasia na cidade en todas as súas diferentes especialidades
autobuses-urbanos-ourense-pavillon-dos-remedios
Imaxe do Pavillón dos Remedios de Ourense
5 Xuño 2024

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, avanza que o Concello construirá un novo pavillón que acollerá a actividade dos equipos de ximnasia da cidade.

Así o fixo saber durante unha visita dos equipos Club Ximnasia Pavillón e Club Ximnasia As Burgas ao Concello, aos que felicitaron polos excelentes resultados deportivos acadados durante a última temporada.

O alcalde avanzoulles a deportistas e persoal técnico dos clubs que o goberno municipal prevé construír un novo pavillón deportivo especializado que sirva como sede para a práctica da ximnasia na cidade en todas as súas diferentes especialidades. O rexedor explicou tamén que o polideportivo do Campo da Feira, onde estes equipos adestran na actualidade, destinarase a parque acuático termal. Porén, advertiu que o Concello coordinará os prazos de execución de ambos os dous proxectos para que o novo pavillón estea dispoñible antes de acometer as obras no polideportivo do Campo da Feira.

 

0.13986611366272