Ourense volveu amosar a súa solidariedade este domingo na IX Gala contra o Cancro
A cidade de Ourense volveu a amosar un ano máis a súa solidariedade na IX Gala contra o Cancro de Ourense, organizada desde o ano 2013 pola Asociación Cultural As Canellas, que preside David Rodríguez.
Esta iniciativa solidaria recada cada ano miles de euros destinados a Asociación Española Contra o Cancro de Ourense, reunindo no Auditorio a centos de persoas nunha cita protagonizada cada ano por artistas galegos, encargados de amenizar o evento.
Na edición deste o ano, o Grupo de Baile Saudeter Ourense foi o encargado de abrir a gala. Pola súa conta, Pili Pampín, Tania Veiras e os Gin Toni’s encargáronse de animar ao público coa súa música, mentres que o Mago Teto puxo un toque de maxiia ao evento.
A gala estará conducida polas comunicadoras e presentadoras Lucía Regueiro e Lucía Veiga, que foron acompañadas pola presentadora das dúas edicións anteriores, Lucía Rodríguez.
A Gala contra o Cancro conta co patrocinio do Concello de Ourense, o Auditorio Municipal de Ourense, a Deputación de Ourense, Abanca, Clínica Dental Parracía e Pérez Rumbao e coa colaboración de Abella Creativa, 20 de Vyrras, Aleuto Medios Dixitais, Grupo Cuevas, Bodegas Galegas, Redeiras, OSI Gourmet, Coren, Saudeter, Agapé Liceo e Estilo Único.