Pádel e igualdade únense no primeiro torneo en Vilamarín e Amoeiro

OurenseXa
A cita celebrarase do 26 ao 28 de setembro co obxectivo de fomentar o deporte inclusivo
padel recurso imaxe raqueta
31 Aug 2025

As canchas de pádel de Vilamarín e Amoeiro converteranse a finais de setembro no epicentro dun evento deportivo moi especial. Trátase do 1º Torneo de Igualdade de Pádel, unha iniciativa que se desenvolverá entre os días 26 e 28 de setembro de 2025 e que pretende dar visibilidade aos valores da igualdade a través da práctica deportiva.

A proposta, impulsada pola Mancomunidade de Santa Águeda en colaboración cos concellos de Vilamarín, Amoeiro, Coles e A Peroxa, aposta por unir deporte e conciencia social, creando un espazo no que mulleres e homes compartan cancha en condicións de paridade.

A inscrición para participar no torneo será totalmente gratuíta e pode formalizarse a través do teléfono 988 286 184. Dende a organización animan á veciñanza a sumarse, lembrando que non se trata só dunha competición deportiva, senón dunha actividade pensada para reforzar a convivencia e a igualdade de oportunidades.

Con esta primeira edición, os municipios implicados queren abrir o camiño para que o torneo se converta nunha cita anual de referencia, combinando deporte, ocio e compromiso social.

⚙ Configurar cookies
0.12877893447876