Paderne de Allariz celebrará este venres unha clase gratuíta de Tai Chi
OurenseXa
A actividade terá lugar no Pavillón Municipal e forma parte do programa de Fomento Deportivo da Deputación

30 Oct 2025
Este vindeiro venres, 31 de outubro, terá lugar no Pavillón Municipal de Paderne de Allariz unha clase de Taichi aberta á toda a veciñanza.
A actividade forma parte do programa de Fomento Deportivo impulsado pola Deputación de Ourense, e será de carácter gratuíto.
A clase comezará 17:30 horas e todas as persoas participantes recibirán un obsequio. Dende o Concello animan á veciñanza a participar e gozar dunha tarde de movemento e benestar.