Paderne de Allariz mellorará a rede de abastecemento de auga nos núcleos rurais de Ermide e Eiravedra

O alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez, mantivo este mércores un encontro coa conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, onde ambas institucións abordaron un ambicioso proxecto muncipal para mellorar a rede de abastecemento de auga nos núcleos rurais de Ermide e Eiravedra.
Con estes traballos, o Concello pretende mellorar o servizo neses lugares das parroquias de San Lourenzo de Siabal e San Salvador de Mourisco, que na actualidade dispoñen dunha rede moi antiga de propiedade veciñal.
Segundo lle trasladou Ángeles Vázquez ao rexedor, Augas de Galicia ten previsto convocar proximamente varias liñas de axudas entre as que se inclúen apoios para apoiar as entidades locais na execución de obras de abastecemento. Con todo, para optar a este financiamento o Concello deberá ter realizado previamente unha auditoría municipal de perdas de auga e, a partir de aí, o correspondente plan de actuacións para a súa minimización.
Pérez trasladou á consellería os detalles desta iniciativa, que será avaliada co persoal de Augas de Galicia avaliará o proxecto para, a continuación, analizar outras posibles vías de colaboración para levalo a cabo e, deste xeito, mellorar o servizo en ambos núcleos de poboación.