Papá Noel visitará este venres o Concello de Verea

OurenseXa
Para recibilo, o Concello organiza unha Festa de Papá Noel na que haberá obradoiros para os nenos e nenas
nadal-papa-noel
19 Dec 2024

Papá Noel visitará este venres, 20 de decembro, a Casa da Cultura de Verea. Para recibilo, o Concello organiza unha Festa de Papá Noel á que convida a todos os nenos e nenas do municipio.

A festa dará comezo ás 16.30 horas, e os nenos e nenas poderán participar en dous obradoiros, un de bolas de Nadal e outro de postais. Ademais, terán a oportunidae de entregarlle a Papá Noel as súas cartas e pedirlle os regalos que esperan recibir este ano. A visita estará acompañada dunha merenda na que haberá chocolate quente e doces de Nadal.

⚙ Configurar cookies
0.03853702545166