Patricia Domínguez e Álvaro Vila oficializan as súas candidaturas para liderar o PSdeG de Ourense

RibeiraSacraXa | OurenseXa
Os candidatos presentaron os seus avais de cara ás eleccións á Secretaría Xeral do partido na provincia, que terán lugar o vindeiro 27 de abril
alvaro-vila-patricia-dominguez
12 Apr 2025

Patricia Domínguez Barja e Álvaro Vila oficializaron as súas candidaturas para liderar o PSdeG-PSOE de Ourense. Ambos superan os 400 avais, aínda que só se contabilizan os 207 primeiros.

Os candidatos estarían moi igualados no tocante aos apoios recollidos para esta campaña, que culminará o domingo 27 de abril, cando se elixirá o vindeiro secretario xeral do partido. No caso de ser necesaria unha segunda volta, esta tería lugar o domingo 4 de maio. O proceso concluirá co V Congreso Provincial Ordinario, que se celebrará o domingo 18 de maio.

Vila, pola súa parte, é alcalde de Taboadela e actual voceiro socialista na Deputación, e pertence á chamada “terceira vía”. Domínguez, actual alcaldesa da Pobra de Trives, conta co aval da executiva galega liderada por José Ramón Gómez Besteiro e aposta tamén pola integración e o entendemento entre os socialistas.

Pertencente á chamada “terceira vía”, Vila persegue o consenso entre o socialismo provincial. Domínguez, pola súa banda, conta co apoio da executiva galega liderada por José Ramón Gómez Besteiro e aposta tamén pola integración e o entendemento entre os socialistas. Villarino, pola súa parte, aseguraba tras anunciar a súa candidatura que o seu obxectivo principal non é outro que acadar “unha provincia máis democrática”.

⚙ Configurar cookies
0.16706705093384