Pazolandia 2024 abre as súas portas contando por primeira vez cunha pista de xeo

OurenseXa
Ademais, como novidade no exterior, contará coa atracción “Martillo Kamikace”, un péndulo de dobre eixo con xiros de 360 grados
Pazolandia
Pazolandia
26 Dec 2024

Pazolandia, o parque de atraccións máis grande de Galicia, abre as súas portas este xoves, 26 de decembro, contanto por primeira vez cunha pista de xeo nas súas instalacións.
O parque estará aberto ata o vindeiro 4 de xanerio en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas, e únicamente permacerá pechado o o día 31 de decembro e o 1 de xaneiro na sesión de mañá.

Os máis de 8.000 metros de actividades que ofrecerá Pazolandia estarán repartidos en dous pavillóns interiores e no exterior, onde estarán as atraccións máis grandes e para os máis mozos, así como diversos postos de restauración e probas de habilidade. Como novidade exterior, Pazolandia contará coa atracción “Martillo Kamikace”, un péndulo de dobre eixo con xiros de 360 grados.

No pavillón auxiliar situaranse as atraccións para os máis cativos, o tren para toda a familia, inchables e carruseis. Tamén estará a zona de ludoteca con parque de bolas e o espazo do xoguete, coas últimas tendencias para os máis pequenos.

Na planta baixa, ou pavillón principal, estarán os tirachinas, a montaña rusa tigre ou o circuíto de motos. Como gran novidade este ano, tamén contemplará una pista de patinaxe sobre xeo. Por último, na primeira planta haberá obradoiros de maquillaxe, tatuaxe, tatuaxe, globoflexia e unha zona dedicada ás últimas novidades en videoxogos, incluíndo simuladores de condución.

Aposta pola inclusividade

Este ano, Pazolandia aposta pola inclusividade, establecéndose restrición de emisións acústicas, protexendo así os dereitos daquelas persoas que teñen dificultades para desfrutar dun evento destas características.

Ademais, haberá unha pulseira de acceso prioritario para persoas con trastornos do espectro autista, TEA, co fin de que non teñan que agardar demasiado tempo nas colas para atraccións e obradoiros. Pazolandia disporá durante todas as súas sesións dunha “zona de calma”, integrada por unha habitación de descanso e relaxación, onde as persoas con dificultades sensoriais podan relaxarse en momentos de sobrecarga.

0.1718111038208