Peches de tráfico en Ourense polas Festas do Couto

OurenseXa
Os peches de tráfico comezarán durante a xornada deste xoves, 16 de maio, e extenderanse ata o domingo, 19 de maio
festas_o_couto
Festas do Couto 2023
16 Maio 2024

A Policía Local do Concello de Ourense informa do dispositivo de tráficodeseñado para a celebración das Festas do Couto, que se desenvolverán desde o xoves, 16 de maio, ata o domingo, 19 de maio.

Por unha banda, a instalación das atraccións festivas requirirá pechar ao tráfico as rúas Francisco de Moure, Cándido Fernández Mazas (entre Francisco de Moure e Álvarez de Sotomayor), Vila Real, Praza da Chave, Dalí (entre Faustino Míguez e Ervedelo e carrís de baixada en sentido ao Pavillón). Os cortes produciranse o xoves desde as 20.00 horas, e o venres, o sábado e o domingo, desde as 17.00 horas. En función da afluencia de público podería levarse a cabo algún corte de reforzo en Ervedelo - Avenida de Portugal e Ervedelo -glorieta de Ervedelo, así como nalgún outro punto, eventualmente, en función das circunstancias.

Por outra banda, as actuacións das orquestras requirirán pechar ao tráficoas rúas Greco e Francisco de Moure, o venres ás 17.00 horas. O sábado 18, cortarase ao tráfico a rúa Pardo de Cela desde as 16.00 horas, desde a Ponte do Milenio até a Praza de Concepción Arenal. Tamén se pecharán, cando sexa necesario, os accesos a Pardo de Cela desde a glorieta de Dalí e Avilés de Taramancos. En función da afluencia de público e da montaxe poderíase realizar algún corte de reforzo nas rúas dos Remedios - Greco e Xesús Soria - Ervedelo.

A parada de taxis da rúa Vila Real desprazarase á rúa Pardo de Cela, na súa intersección coa dos Remedios o venres 18 desde as 16.00 horas

A partir das 17.00 horas, as liñas do servizo de autobuses urbanos cara ao centro da cidade circularán pola rúa Pardo de Cela, e habilitarase unha parada de autobús diante da Mutua Galega. Os autobuses en sentido a Vistafermosa non modificarán o seu itinerario xa que en principio non está previsto pechar ao tráfico a rúa Ervedelo, salvo que fose preciso pola afluencia de público. O sábado anularase o servizo desde as 16 horas.

Vías alternativas

A Policía Local solicítalles ás persoas condutoras que traten de evitar circular ou acceder a estas zonas momentos antes da hora en que están previstos os cortes de tráfico e que, en caso de necesidade, traten de utilizar itinerarios alternativos, que deben ter previstos coa antelación suficiente.

  • Para entrar á cidade por Pardo de Cela, recoméndase avanzar por: estrada nacional 120 (Monforte) - Glorieta de acceso á rúa Pablo Iglesias - Manuel Fernández García - Otero Pedrayo.
  • Para saír da cidade, por  Curros Enríquez - Díaz de la Banda - Pablo Iglesias - Glorieta N-120.

As persoas residentes na rúa Avilés de Taramancos deberán acceder e saír das súas vivendas pola rúa Pontepedriña o sábado, 18 a partir das 16:00 horas, cando se pechará a rúa Pardo de Cela.

0.16786909103394