Peches de tráfico no centro de Ourense a partir deste luns

A rúa Cervantes, no treito comprendido entre a rúa do Baño e rúa das Burgas, estará pechada ao tráfico desde o vindeiro luns, día 5, até o venres, 9 de agosto, pola execución de obras de acometida de saneamento nun inmoble da rúa. Tamén se pechará ao tráfico a rúa Perigo, nas mesas datas.