Peches de tráfico no centro de Ourense polo Domingo de Ramos

OurenseXa
Os cortes no centro da cidade comezarán a partir das 10.45 horas
subdelegacion_gobierno_ourense
A rúa Curros Enríquez permanecerá pechada ao tráfico este Domingo de Ramos
24 Mar 2024

A Policía Local do Concello de Ourense informa dos cortes e restricións de tráfico que requirirá a celebración das procesións do Domingo de Ramos, que se desenvolverán durante a xornada deste domingo 24 de marzo, no centro da cidade e nos barrios da Ponte, A Carballeira e Santa Teresita.

Procesión de Ramos do centro da cidade

A procesión de Ramos no centro da cidade requerirá pechar, a partir das 10.45 horas, as rúas Curros Enríquez (Subdelegación do Goberno), rúa do Paseo, rúa Lamas Carvajal, Praza Santa Eufemia e Xoán de Austria (entrada á catedral pola rúa Lepanto).

Ademáis, haberá restriccións de tráfico nas rúas Xoán XXIII e Concello, o tráfico procedente de ambas as dúas rúas será desviado por Xoán XXIII en sentido á avenida da Habana. Desde a avenida da Habana non se poderá acceder a Xoán XXIII, polo que os vehículos deberán continuar en sentido descendente.

Procesión de Ramos da parroquia das Caldas

O percorrido da procesión pasará pola Avenida das Caldas, a rúa Vicente Risco, a rúa Francisca Herrera, a Avenida de Santiago e a Avenida das Caldas, que permanecerán pechadas a partir das 11.30 horas.

Ademáis, haberá restriccións de tráfico nas seguintes rúas:

Na Avenida das Caldas, no tramo comprendido entre a rúa Eulogio Gómez Franqueira e a rúa Mercado. O tráfico procedente de Gómez Franqueira será desviado para continuar pola avenida de Marín e o tráfico procedente da rúa do Ribeiriño e a rúa Ribeira de Canedo, por rúa Mercado.

Na rúa Basilio Álvarez, no tramo comprendido entre a Ponte do Milenio e o Parque da Ponte. O tráfico desviarase polas rúas Xesús Pousa, Basilio Álvarez (en sentido Vigo) ou a Ponte do Milenio.

Na rúa Vicente Risco, no tramo comprendido entre a Avenida das Caldas e a Avenida de Marín. O tráfico procedente da Ponte Nova e a Avenida de Marín será desviado para continuar pola Avenida de Marín en dirección á estación intermodal.

Na Avenida de Santiago, no tramo comprendido entre a rúa Rey Soto e a Avenida das Caldas. O tráfico procedente da Avenida de Santiago en dirección centro cidade será desviado para continuar pola rúa Rey Soto.

Por último, na rúa Ático Noguerol, todo o tráfico será desviado pola Rúa Rey Soto.

Procesión de Ramos da Parroquia Sacro Corazón da Carballeira

Os cortes de tráfico comenzarán as 11.15 horas na Praza da Lexión, na rúa Castelo Ramiro e na Praza Sacro Corazón.

Ademais, taberá restriccións de tráfico na rúa Castelo Ramiro, onde o tráfico procedente de Cabeza de Vaca será detido para o paso da procesión e, unha vez que a cola supere a intersección da rúa Castelo Ramiro-Praza da Lexión, circulará detrás da procesión, e nas rúas Fernández Alonso e Nicomedes Pastor Díaz, o tráfico procedente da rúa Fernández Alonso que pretenda acceder á rúa Nicomedes Pastor Díaz circulará cara á rúa Martínez Sueiro

Procesión de Ramos da Parroquia de Santa Teresita

A procesión percorrá a rúa Santa Teresita, rúa Río Sil, rúa Río Xares e rúa Santa Teresita, que permanecerán pechadas ao tráfico a partir das 10.30 horas.

Haberá tamén restriccións na rúa Santa Teresita, no tramo comprendido entre as rúas Río Sil e Quintián, polo que o tráfico será desviado cara á rúa Río Sil e detido cando pase a procesión e nas rúas Río Xares e Santa Teresita, onde o tráfico será desviado cara a rúa Río Bubal.

0.14057517051697