Pereiro de Aguiar acollerá o I Trofeo Germán González polo 35º aniversario da Escola Atlética Ben Cho Shey

OurenseXa
Será o próximo 18 de abril e as marcas acadadas durante o evento serán válidas en categoría autonómica e nacional
i-trofeo-german-gonzalez-ben-cho-shey
14 Mar 2026

O vindeiro 18 de abril, as Pistas Josefina Salgado de Monterrei serán o escenario do I Trofeo Germán González, organizado con motivo do 35º aniversario da Escola Atlética Ben Cho Shey.

A xornada estará dedicada ao atletismo e ao deporte base, ofrecendo a deportistas e afeccionados a oportunidade de compartir unha mañá de competición, compañeirismo e promoción do deporte local. As marcas acadadas durante o evento serán válidas en categoría autonómica e nacional, polo que os participantes poderán ver recoñecido oficialmente o seu rendemento.

Desde o Concello do Pereiro de Aguiar animan a toda a veciñanza a achegarse e gozar dun día especial apoiando o atletismo local e celebrando a traxectoria da escola deportiva, un referente no municipio desde hai máis de tres décadas.

0.12391805648804