Pereiro de Aguiar acollerá unha xornada de sensibilización sobre o autismo

O Concello de Pereiro de Aguiar acollerá o próximo venres, 27 de marzo, ás 18:30 horas, unha xornada de sensibilización titulada “Coñecendo o autismo”, que se celebrará no CEIP Plurilingüe Ben-Cho-Shey.
Esta formación, de carácter gratuito, ten como obxectivo achegar á cidadanía unha maior comprensión sobre o autismo, fomentando a sensibilización, o respecto e a inclusión das persoas dentro do espectro autista.
A actividade está aberta a todas as persoas interesadas, sen límite de idade, e busca promover un espazo de aprendizaxe e reflexión sobre a diversidade funcional na comunidade.