Pereiro de Aguiar avanza na modernización do ciclo da auga grazas ao PERTE de Dixitalización

OurenseXa
A iniciativa está a transformar 21 instalacións municipais, incluíndo depuradoras, estacións de bombeo e o tanque de choivas
deposito-auga-pereiro
21 Nov 2025

O Concello de Pereiro de Aguiar avanza na modernización do ciclo da auga mediante a participación no PERTE de Dixitalización do Ciclo da Auga, un proxecto provincial impulsado pola Deputación a través de AquaOurense. Esta iniciativa está a transformar 21 instalacións municipais, incluíndo depuradoras, estacións de bombeo e o tanque de choivas.

Entre as principais actuacións destacan a dixitalización e modernización das Estacións Depuradoras de Augas Residuais (EDAR) e as estacións de bombeo, a implantación de sensores continuos para mellorar a calidade da auga, a supervisión remota as 24 horas do día, os sete días da semana, así como un incremento na eficiencia enerxética e a seguridade, o que reduce significativamente as incidencias.

En canto aos avances, xa se completaron ao 100% as instalacións do Sistema de Monitorización Ambiental (SMA) de Santa Marta, a EDAR de Monterrei e o bombeo de Santa Marta. Outras instalacións están entre un 60% e un 90% de execución, coa previsión de finalizar todos os traballos en novembro.

Próximamente comezará a fase de optimización, onde se axustarán os procesos e se completará a integración do telecontrol. Este proxecto, destaca o alcalde, Luis Menor, supón un investimento estratéxico para garantir a sustentabilidade e adaptarse aos retos ambientais dos próximos anos.

⚙ Configurar cookies
0.074956893920898