Pereiro de Aguiar celebrará o Día da Bici en setembro

O Concello do Pereiro de Aguiar, a través de Pereiro Deporte e Xuventude e coa colaboración da Deputación de Ourense, organiza o vindeiro 7 de setembro unha xornada de ciclismo para gozar en familia.
A cita terá lugar a partir das 11:00 horas na Praza do Concello. Será un día para desfrutar do deporte e da natureza en familia.
O prazo de inscrición estará aberto dende o 11 de xullo ata o 7 de setembro. Ademais, aquelas persoas que se inscriban antes do 24 de agosto recibirán unha camiseta de agasallo.
O Concello anima a toda a veciñanza a preparar a bici e participar nesta actividade pensada para todas as idades.