Pereiro de Aguiar convoca axudas para familias numerosas

O Concello de Pereiro de Aguiar abriu a convocatoria 2025 de axudas económicas dirixidas a familias numerosas, a través do programa “Reactiva Pereiro 2025”. Estas subvencións teñen como obxectivo apoiar as unidades familiares con fillos, favorecendo ademais o crecemento demográfico do municipio.
Cada familia poderá recibir unha axuda de entre 200 e 300 euros, dependendo do crédito dispoñible e do número de solicitudes, e poderán optar a estas axudas as familias que teñan recoñecido o título de familia numerosa e residan no municipio.
Estas subvencións forman parte das políticas municipais para apoiar os colectivos con maior necesidade e fomentar a fixación de poboación no Pereiro de Aguiar.