Pereiro de Aguiar impulsa tres obradoiros creativos para maiores de 55 anos no centro Os Gozos

OurenseXa
Técnica mixta, collage con papel e patchwork e bordado arrancan entre o 12 e o 15 de xaneiro con prazas limitadas e inscrición previa
PEREIRO DE AGUIAR cursos
10 Jan 2026

O Concello do Pereiro de Aguiar porá en marcha a vindeira semana tres propostas creativas dirixidas a persoas maiores de 55 anos no Centro de Maiores Os Gozos, co obxectivo de fomentar un lecer activo e ofrecer espazos de aprendizaxe e socialización a través das manualidades.

O primeiro dos cursos será o Obradoiro de Técnica Mixta, que comezará o 12 de xaneiro e contará con varias quendas ao longo da semana: luns e martes de 16.00 a 17.30 e de 18.00 a 19.30, mércores de 16.00 a 17.30 e de 18.00 a 19.30 e xoves de 16.00 a 17.30.

A segunda actividade é o Obradoiro de Collage con Papel, con inicio o 14 de xaneiro, e impartirase os mércores en dous horarios (16.00 a 17.30 e 18.00 a 19.30).

Por último, o Obradoiro de Patchwork e Bordado arrincará o 15 de xaneiro, con sesións os xoves de 18.00 a 19.30.

As prazas son limitadas, polo que o Concello recomenda reservar canto antes. Para máis información e inscricións, as persoas interesadas poden chamar ao 678 190 483.

⚙ Configurar cookies
0.077996969223022