Pereiro de Aguiar organiza unha nova edición do torneo de baloncesto 3x3

O Concello de Pereiro de Aguiar organiza unha nova edición do torneo de baloncesto 3x3, que se celebrará o luns 30 de marzo no Pavillón Municipal.
A competición contará con equipos de libre configuración, podendo inscribirse conxuntos masculinos, femininos e mixtos. O torneo disputarase baixo o formato de todos contra todos, co obxectivo de garantir o maior número de partidos e emoción durante a xornada.
A actividade desenvolverase en horario de mañá e tarde, en función das categorías por idade. Pola mañá, de 10.00 a 14.00 horas, competirán os nados en 2014 e posteriores. Pola tarde, de 16.00 a 21.00 horas, será a quenda dos nados entre 2013 e 2008, así como da categoría feminina ata 2007. Para participar será necesario inscribirse antes do 25 de marzo.