Pereiro de Aguiar participa no proxecto Green Gap para mellorar a adaptación ao cambio climático

O Concello do Pereiro de Aguiar vén de sumarse ao proxecto GREEN GAP, unha iniciativa liderada pola Deputación de Ourense e apoiada por entidades como a Universidade da Coruña (UDC) e o Instituto de Estudos do Territorio. Esta colaboración enmárcase na elaboración dunha Estratexia Local de Infraestrutura Verde e Adaptación ao Cambio Climático para a provincia de Ourense.
O proxecto, cofinanciado a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa Interreg VI A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027, busca promover un territorio máis sostible e resiliente fronte aos efectos do cambio climático.
No marco desta estratexia, celebraranse dous encontros participativos, conducidos por un equipo investigador da Universidade da Coruña, que servirán para recoller achegas da cidadanía sobre as principais necesidades e oportunidades do territorio, co obxectivo de incluílas no documento final de planificación.
Ademais, a veciñanza pode participar a través dunha consulta en liña a través da web do Concello, dende que animan á poboación a tomar parte activa neste proceso de reflexión colectiva para construír un futuro máis adaptado e conectado coa natureza.