Pereiro de Aguiar presenta as actividades do Programa de Deporte e Xuventude
OurenseXa
O Concello de Pereiro de Aguiar organiza unha decena de actividades para este verán dirixidas a todos os públicos

Presentación do Programa de Deporte e Xuventude en Pereiro de Aguiar
5 Jun 2024
O Concello de Pereiro de Aguiar vén de presentar o Programa de Deporte e Xuventude, que conta con máis dunha decena de actividades que se desenvolverán ao longo de todo o verán e que estarán enfocadas a todos os públicos.
Programa de actividades 'Deporte e Xuventude' 2024:
- 8 de xuño: Festa do Día da Xuventude na Praza do Concello de Pereiro de Aguiar
- 14 de xuño: Shakedown Rally de Ourense tramo Triós
- 16 de xuño: Pumptruck Patinaxe Roller Ourense
- 18, 19 e 30 xuño: Extreme Camp Pereiro
- Do 1 ao 5 de xullo: BTT Camp no Monte da Chaira
- Do 8 ao 12 de xullo: II Curso de Iniciación de Tiro con Arco no Pavillón Ben-Cho-Shey
- Do 15 ao19 de xullo: Xornadas de Iniciación á Halterofilia no Pavillón Ben-Cho-Shey
- 20 de xullo: Copa Deputación de Halterofilia no Pavillón Ben-Cho-Shey
- Do 22 ao 26 de xullo e do 29 ao 2 de agosto: Campus Fútbol CD Pereiro
- 31 de agosto: Pumptruck BTT en Monterrei
- 8 de setembro: Día da Bici
Ademáis destas actividades, ao longo do mes de xullo o club Roller Ourense organizará un campamento de patinaxe. Ademáis, durante ese mesmo mes e durante o mes de agosto haberá cursos gratuitos de TaiChi, Pilates e Ioga no embalse de Cachamuíña.