Persoal do sector bancario de Ourense sae a rúa para esixir melloras nas condicións laborais

OurenseXa
Persoal do sector bancario manifestouse esta mañá en Ourense nunha nova xornada de folga "histórica" que extendeuse por todo o territorio nacional
folga_banca_ourense
Persoal do sector bancario maniféstase en Ourense
22 Mar 2024

O persoal do sector bancario de Ourense saiu a rúa na mañá deste venres 22 de marzo para esixir melloras nas condicións laborais.

Pese ao acordo logrado tras a histórica folga conxunta do persoal bancario do pasado 26 de febreiro, dende CCOO informan que a patronal segue a manterse na mesma postura imobilista.

CCOO insta as cúpulas directivas do sector, que bateu todas as súas marcas de beneficios, a reverteren os seus aumentos de soldos e reparticións de dividendos para, con iso, incrementaren de maneira xusta os salarios do persoal.Neste sentido, o sindicato lembra que o beneficio xerado por cada persoa traballadora no sector financeiro en España pasou de86.045 euros a 155.172euros en só dous anos.

Dende o sindicato esixen que escoiten a mensaxe principal que transmitiron os seus persoais: que queren un convenio, como mínimo, como o que asinaron as patronais de Aforro e Cooperativas de Crédito: Con incrementos salariais xustos e que se apliquen a todo o persoal, non de forma discrecional a criterio das direccións.

Comisións reclama reducir a carga laboral e a presión comercial, así como dotar os centros de traballo do persoal axeitado para dar un servizo de calidade.

O sindicato informa de que o 17,8% das 80.000 persoas traballadoras de Banca secundaron a folga en toda España, polo que califican a xornada de "histórica". En Galicia, as manifestacións tiveron lugar A Coruña, Lugo, Vigo, ademáis de en Ourense.

 

0.14988899230957