Preto de 800 persoas participaron na carreira solidaria Ruta 091

Además, explica, para poder jugar a este deporte se necesita una buena forma física. “Cuando juegas una partida de 4 o 5 horas necesitas tener una buena forma física O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, felicitou á Policía Nacional polo seu compromiso coa solidariedade e co deporte, “un binomio co que gaña toda a sociedade”. Fíxoo antes de inaugurar a carreira solidaria Ruta 091, xunto ao comisario provincial xefe da Policía Nacional, Juan Cástor Vázquez.
“É unha satisfacción inmensa acompañarvos nesta segunda edición da Ruta 091 en Ourense, unha carreira solidaria que demostra, unha vez máis, que a proximidade, a saúde e a inclusión social son prioridades para a Policía Nacional”, subliñou Eladio Santos antes de cortar a cinta que inaugurou a iniciativa, na Glorieta da Policía Nacional, onde se situaron o punto de saída e a meta.
A proba absoluta, a carreira de adultos, comezou ás 9:30 horas cun percorrido de 5 quilómetros. Logo foi a quenda da carreira infantil e inclusiva, ás 10:45 horas. En total, participaron preto de 800 persoas, que puideron desfrutar despois da entrega de premios dunha exhibición de medios policiais. Todos os fondos recadados foron para a asociación ourensá Trascos, que traballa en favor das persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA).
O subdelegado do Goberno celebrou a contribución a “unha causa especialmente significativa”, pois Trascos “desenvolve unha labor esencial no apoio ás persoas con TEA e ás súas familias”. “Cando o esforzo físico se pon ao servizo dunha causa social, gañamos todos: promovemos hábitos saudables, reforzamos os lazos comunitarios e avanzamos cara a unha cidadanía máis concienciada e comprometida”, indicou.
Neste sentido, Santos destacou o compromiso do Executivo coas persoas con TEA. “O Goberno central está a executar a Estratexia Española en Trastorno do Espectro Autista que, cunha dotación de 40 millóns de euros, persigue os obxectivos de fomentar a inclusión laboral, a mellora da atención temperá e a promoción da investigación, entre outros”, explicou.