Preto de mil escolares ourensáns fórmanse para ser 'consumidores responsables'
A Facultade de Ciencias do campus de Ourense desenvolveu, durante este curso, un proxecto destinado a formar aos escolares ourensáns de Educación Primaria e Secundaria como consumidores responsables en materia alimentaria, co fin de fomentar hábitos saudables e previr a obesidade entre os nenos e nenas.
Na actividade, que acaba de rematar o seu percorrido, participaron case mil nenos e nenas de oito centros educativos da provincia. As actividades consistiron fundamentalmente en talleres prácticos nos que os escolares aprenderon a comprender mellor a información nutricional das etiquetas dos alimentos procesados que consumen habitualmente, según informan dende a UVigo.
Esta iniciativa, titulada Aprendendo a ler o que como. Formando consumidores responsables desde a aula conta con financiamento estatal e ten como fin último "que o alumnado adquira habilidades que lles permitan elixir mellor os alimentos que consomen e ter unha alimentación máis saudable que repercuta positivamente na súa saúde presente e futura, coa idea ademais de que este alumnado actuará como vector de transmisión da información recibida á súa contorna familiar e social".