Preto dunha vintena de establecementos participan este venres na Noite Moucha de Barbadás

OurenseXa
A Noite Moucha de Barbadás arranca este venres ás 18.00 horas como unha clara aposta do Concello para impulsar o comercio local
Barbadás presenta unha nova edición da 'Noite Moucha'
Representantes do Concello de Barbadás na presentación da Noite Moucha
31 May 2024

Barbadás festexa este venres, 31 de maio, unha nova edición da Noite Moucha, unha iniciativa posta en marcha polo Concello co obxectivo de de dar impulso ao comercio local Preto dunha vintena de establecementos súmanse á iniciativa con descontos especiais, animación e un horario de apertura que se estenderá ás 23.00 horas.

A Noite Moucha é unha aposta estratéxica do Concello de Barbadás para dinamizar o comercio local e favorecer a socialización dos veciños e veciñas, ofrecendo propostas para todos os público.

As actividades comenzarán este venres ás 18.00 horas na avenida de Celanova, onde ademáis das propostas comerciais haberá inchables, baile, globoflexia ou mesas doces para os pequenos e pequenas.

Ás 22.00 horas está previsto que se leve a cabo un gran sorteo de agasallos e para participar, os clientes deberán completar as cartillas que se facilitarán nos comercios que forman parte da iniciativa e que son os seguintes: Fisioremove, Twins, Twins Men, Elma, La Cigüeña , Calzados Zocos, Herbolario Gaia contigo, Bel Moda e complementos, Ohana Baby, Ohana Deco, Librería A Valenzá, Donicela, Librería Carlin, Más que un sueño, MVT Galicia e Artelandia Ocio Creativo.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.22076296806335