Preto dunha vintena de rúas permanecerán pechadas ao tráfico este domingo en Ourense

OurenseXa
A celebración da carreira 'Pilar 24' requirirá realizar diversos cortes de tráfico no centro de Ourense ao longo deste domingo, 6 de outubro.
Praza de Abastos, Ourense
Rúa do Progreso
5 Oct 2024

A celebración da I Carreira Solidaria da Garda Civil de Ourense “Pilar 2024”, requirirá realizar cortes de tráfico o vindeiro domingo, día 6 de outubro nas rúas polas que discorrerá a actividade deportiva.

O dispositivo deseñado pola Policía Local prevé cortar ao tráfico a Praza Maior ás 8.30 horas e ás 11.00 horas as rúas polas que pasará a carreira infantil (rúa das Tendas, Paz, San Miguel, Lamas Carvajal).

Ás 11.30 horas pecharanse todas as rúas polas que circulará a carreira na categoría absoluta: Praza Maior, Bispo Carrascosa, Moratín, Colón, Padre Feijóo, Lugo, Xosé Ramón Fernández Oxea, Galicia, Bonhome, avenida de Zamora, Progreso, Ervedelo, Juan de Anges, Remedios, Pardo de Cela, Sáenz Díez, Curros Enriquez, Paseo e Lamas Carvajal até rematar na Praza Maior. Tamén se pecharán as demais vías comprendidas no perímetro das dúas carreiras. O tráfico abrirase progresivamente a medida que vaian pasando as persoas participantes.

Vías alternativas

  • Pola zona norte, o tráfico desviarase pola Ponte Nova, Rúa Celso Emilio Ferreiro e Avenida Otero Pedrayo.
  • Pola zona sur, o tráfico desviarase polas rúas da Saínza, Ramón Puga e Pena Trevinca.
  • Para acceder á Nacional-120, pola entrada da rúa Pablo Iglesias ou estrada da Lonia.
  • Pola zona centro - glorieta de Ervedelo, o tráfico desviarase pola Praza da Chave, (xunto ao campo de fútbol do Couto).

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18435716629028