Programación das Festas de Ourense para este xoves, 20 de xuño

OurenseXa
As Festas de Ourense 2024 continúan este xoves coa inauguración dunha mega xincana de 180 metros no Xardín do Posío como principal novidade
Cartel das Festas de Ourense 2024
20 Xuño 2024

As Festas de Ourense 2024 continúan este xoves coa inauguración dunha mega xincana de 180 metros no Xardín do Posío como principal novidade. Ademais, como é costume durante os festexos, as orquestras serán as protagonistas da noite ourensá.

Xoves, 20 de xuño

  • 16.30 a 20.30 horas. Mega Xincana de 180 metros para a rapazada no Xardín do Posío. Actividade gratuíta, de xoves a domingo polas tardes, e tamén os sábados e domingos pola mañá, de 11.00  a 14.00 horas.
  • 21.00 a 22.30 horas. Golden Jazz, na rúa Santa Eufemia
  • 21.00 a 00.00 horas. Orquestra Costa Verde, na rúa do Progreso (Alameda)
  • 00.00 a 03.00 horas. Grupo ASSIA, na Praza Maior
0.20990204811096