Programación do Entroido para este luns 12 de febreiro
O Entroido en Ourense continúa coas suas celebracións na xornada deste luns 12 de febreiro.
As charangas CLK, Caña Aquí, Castro Vello e Sorcha poñerán a música este mediodía polas rúas da cidade, mentres que Fanfarria, Taquikardia, Sorcha, Os Caliqueños e Támega o farán a partir das 20.00 horas desta tarde.
Para as 18.00 horas está prevista a ruada cos cabezudos e xigantes, mentres que unha hora antes os máis cativos poderán disfrutar da actuación de María FUmaÇa na Praza Maior.
Ás 19.00 horas Os Coleguitas actuarán na Praza de Santa Eufemia, mentres que ás 21.00 horas o fará a banda Somoza Trío na Praza Maior.
O baile estará a cargo da orquestra Olympus, que comezará ás doce da noite na rúa do Progreso e extenderase ata ben entrada a madrugada.
Pola súa parte, as 23.30 horas comenzarán os DJ na Praza Maior, e ás 00.30 o farán na Praza do Correxidor.