Protección Civil de Barbadás recibiu novo material de seguridade viaria para emerxencias

OurenseXa
O novo kit permitirá realizar intervencións viarias con maior seguridade, non só para os voluntarios da agrupación, senón tamén para condutores e peóns
novo-matrial-proteccion-civil-barbadas
Membros de Protección Civil de Barbadás reciben novo material
17 Mar 2025

O equipo de Protección Civil de Barbadás vén de recibir un kit de material loxístico de seguridade viaria que facilitará o seu traballo nas emerxencias en estrada. O concelleiro de Emerxencias, Dani Rey, acompañado polo xefe de Protección Civil, David Corbal, e o voluntario David Barbosa, acudiu ao acto de entrega do material correspondente á Orde do 22 de xullo de 2024 da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia.

Este tipo de axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva, o que, segundo explican desde o Concello, demostra o bo traballo realizado polos voluntarios de Protección Civil de Barbadás, que reciben material por décimo ano consecutivo. O novo kit permitirá realizar intervencións viarias con maior seguridade, non só para os voluntarios da agrupación, senón tamén para os condutores e peóns.

O acto de entrega, realizado na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) na Estrada, contou coa presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda; o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, así como de alcaldes, concelleiros e voluntarios das agrupacións adxudicatarias.

O Concello de Barbadás pon en valor o traballo de Protección Civil e, nesa liña, seguirá apostando pola mellora de equipos, instalacións e vehículos do servizo, tanto con medios propios como solicitando achegas da Xunta e doutras administracións.

⚙ Configurar cookies
0.34889507293701