PSdeG e BNG solicitan un Pleno Extraordinario ante a grave situación na que se atopa o Concello de Ourense
Os portavoces do BNG e do PSdeG no Concello de Ourense, Luis Seara e Natalia González Benítez, compareceron esta mañá par dar conta dunha solicitude de Pleno extraordinario conxunta para abordar a situación na que se atopa actualmente o Concello de Ourense e, nomeadamente, todos aqueles servizos municipais en réxime de concesión administrativa.
"O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asumía a súa incapacidade para abordar un orzamento para a cidade neste exercicio no pasado Pleno ordinario do Concello, confirmando que esta grave irregularidade se manterá, cando menos, ata 2025", denuncia o comunicado.
Ambos grupos lembrar a importancia de contar cun orzamento actualizado "para poder planificar e desenvolver obxectivos políticos, fixar prioridades, deseñar investimentos, incrementar gastos, controlalos, suprimir aqueles que non son eficientes ou, mesmo buscar novas formas de fiscalidade".
Ademais, lembran que o orzamento vixente data do ano 2020, polo que esta deseñado específicamente para abordar as consecuencias derivadas da crise sanitaria da COVID 19, polo que neste momento, estaría obseleto en moitos aspectos e "non permite avanzar nin asumir os retos que ten por diante o Concello de Ourense".
Por este motivo, denuncian que o Concello "atópase nunha situación de déficit financiero de case o 10%, máis de 20 millóns de euros en facturas sen tramitar, 25 millóns de euros reparados pola intervención municipal, na súa meirande parte por carecer dun contrato xurídico válido, expedientes del incorporación de remanente con omisión de función interventora e, xa neste exercicio, con informes técnicos desfavorables que se veñen a sumar con contratos licitados sen crédito para a súa adxudicación, penalizacións por morosidade e un periodo medio de pago a proveedores que triplica o máximo permitido por lei".
Todo esto, lembram deriva en graves consecuencias como impagos aos proveedores e traballadores do Concello e un grave deterioro dos servizos públicos obligatorios que debe prestar o Concello de Ourense e que actualmente presta por xestión indirecta en réxime de concesión.
"Todas as concesións do Concello de Ourense están caducadas e todos os servizos públicos municipais están en precario", sentencian.
Por iso, ambos grupos solicitan un Pleno Extraordinario para abordar a grave situación económica na que se topa o Concello e elaborar un plan para revertir o problema.