Quintela de Leirado comeza as obras na vía que une Garaxes e Leirado

Quintela de Leirado comeza este venres as obras de mellora da estrada que une Leirado coa OU-411 en Garaxes.
Dende o Concello avisan á veciñanza de que, por mor destes traballos, o tramo estará pechado dende a tarde deste venres e ata o fin das obras, que teñen como fin mellorar o estado da vía.