Quintela de Leirado conta con novas cámaras web para amosar o seu entorno natural en directo

A iniciativa busca achegar o patrimonio natural da zona a través de internet
camaras-web-quintela-de-leirado
Imaxe das novas cámaras de Quintela de Leirado
2 Jun 2025

O Concello de Quintela de Leirado dá un paso máis na súa aposta pola promoción turística coa instalación de dúas cámaras web que permiten contemplar en directo algúns dos paisaxes máis emblemáticos do municipio. Estas emisións, accesibles desde calquera parte do mundo, buscan achegar o patrimonio natural da zona a través da rede.

Unha das cámaras ofrece unha vista panorámica do val do Deva, desde onde se poden contemplar en tempo real os solpores que caracterizan este recuncho da provincia. A outra enfoca ao monte Penagache, un enclave de gran valor paisaxístico que destaca especialmente na primavera polos tons violáceos que tinguen a súa vexetación.

Ambas emisións están dispoñibles na plataforma Hispacams —unha das principais redes de webcams turísticas de España— e tamén a través da páxina web do Concello.

Con esta iniciativa, Quintela de Leirado súmase a outras localidades galegas que están a empregar ferramentas dixitais para potenciar o turismo sostible e dar visibilidade aos seus espazos naturais máis singulares.

0.17729306221008