Rafael Rodríguez Villarino anuncia a súa precandidatura á Secretaría Xeral do PSdeG de Ourense

OurenseXa
O actual secretario provincial buscará revalidar a súa posición co horizonte posto “nunha provincia máis democrática”
rafael-villarino-psoe
29 Mar 2025

O actual secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, anunciou a través das súas redes sociais a súa precandidatura á Secretaría Xeral da formción a nivel provincia, posto que ocupa actualmente.

A través do seu comunicado, Villarino asegura que o fai “co horizonte dunha provincia máis democrática e co alento de persoas boas e xenerosas, traballadoras e comprometidas”.

O prazo para presentar as precandidaturas está aberto ata o 3 de abril, polo que non se descarta o anuncio de máis candidatos. A votación á secretaría xeral realizaríase o domingo 27 de abril, no caso de que conflúan varias candidaturas. No caso de ser precisa unha segunda volta, esta tería lugar o domingo 4 de maio.

Logo das xornadas de votación e ata a celebración do Congreso, traballarase na elaboración do relatorio marco que fixará a orientación do proxecto para os vindeiros anos. O proceso finalizará co V Congreso Provincial Ordinario, previsto para o domingo 18 de maio.

⚙ Configurar cookies
0.087056875228882