Reabre ao público o Mercado de Ponte Canedo tras 13 anos pechado
O Mercado de Ponte Canedo, a Praza de Abastos número dous de Ourense, abriu ao público este martes tras 13 anos pechada.
O mercado pechaba asa súas portas no ano 2011 para acometer unha reforma que contou cun orzamento de máis de dous millóns de euros por parte do Goberno do Estado e que tivo que enfrontarse a varios retrasos e dificultades antes de conseguir retomar a súa actividade.
Pese que a reforma rematou no ano 2015, a falta dun modelo de xestión fixo que o edificio quedase totalmente abandonado durante 9 máis, acabando completamente afectado polo caruncho e impedindo a súa reapertura.
Agora, o espazo recentemente estreado conta cunha proposta comercial moi renovada con 10 postos de venda, principalmente de produto fresco coma carne, froita ou pescado, e incorpora un amplo espazo de restauración onde se poderán consumir diferentes produtos mercados nos postos.
Situado no corazón do barrio pontino, concretamente no número 6 da Avenida das Caldas, espera converterse nun punto de encontro para toda a cidadanía.