Rematan os traballos de mellora paisaxística na contorna do Castelo da Peroxa

OurenseXa
As intervencións realizadas consistiron na mellora da paisaxe agraria e na conservación de alados e sebes
traballos-castelo-a-peroxa
12 Mar 2026

Os traballos de mellora paisaxística na contorna do Castelo da Peroxa veñen de rematar tras un investimento de máis de 40.000 euros da Xunta de Galicia. Esta actuación, que se levou a cabo no último trimestre de 2026, foi cofinanciada do Fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da Política Agraria Común (Pepac) 2023-2027.

As intervencións realizadas consistiron na mellora da paisaxe agraria e na conservación de alados e sebes nun espazo natural singular moi representativo da contorna. En concreto, reparáronse os lugares do peche que estaban deteriorados e tamén se completou naquelas zonas que permanecía aberto.

A zona, salientou a directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, que se achegou este mércores a comprobar o remate destas labores, conta cuns altos valores naturais e históricos e que, de feito, forma parte da Reserva de biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel.

0.122389793396