Restriccións de tráfico no centro de Ourense durante a fin de semana

OurenseXa
As Festas de Ourense 2024 obrigan a pechar ao tráfico varias rúas da cidade
Festas de Ourense 2024
Festas de Ourense, 2024
22 Jun 2024

A celebración das Festas de Ourense, que arrancaban este mércores, 19 de xuño, e que extenderanse ata a noite deste domingo, provocarán numerosas restriccións de tráfico no centro da cidade durante esta fin de semana.

Ademais do Centro Histórico, onde estará o mercado medieval, as actividades programadas requirirán levar a cabo diferentes restricións de tráfico, que afectarán principalmente á contorna do Parque do Barbaña, onde estarán as barracas ou a rúa do Progreso, na contorna da Alameda.

Así, ata o domingo, permanecerá pechado o acceso de vehículos ao Paseo Ponte Pedriña desde as rúas Portocarreiro e Fonte do Bispo, pola instalación das barracas festivas. Poderase acceder aos garaxes desde Avilés de Taramancos-Pardo de Cela.

Ademáis, este sábado, 22 de xuño, a partir das 14.00 horas, pecharase a rúa do Progreso, desde a glorieta de San Rosendo até a baixada da Praza de Abastos, para montar o escenario da orquestra Função Pública. O tráfico desviarase cara ás rúas Ervedelo e Baixada da Praza de Abastos – Dr. Fléming, en función do sentido de circulación Permitirase subir pola rúa Parada Justel até as 19.00 horas.

Pola súa banda, ás 18.00 horas pecharase a rúa Pardo de Cela, desde Avilés de Taramancos até a Praza de Concepción Arenal, para montar o escenario da orquestra Combo Dominicano

O domingo, 23 de xuño, a partir das 14.00 horas, pecharase a rúa do Progreso, desde a glorieta de San Rosendo até a baixada da Praza de Abastos para montar o escenario da orquestra París de Noia. O tráfico desviarase cara ás rúas Ervedelo e Baixada da Praza de Abastos – Dr. Fléming, en función do sentido de circulación. Permitirase subir por Parada Justel até as 19.00 horas.

Outras restriccións

Ademáis destes cortes, tamén veranse afectadas polas retriccións a parada de taxis da Alamenda, que situarase provisionalmente na rúa Parada Justel durante os días de festa, ou a parada de autobuses da Alameda, que estará situada provisionalmente fronte ao Bispado mentres esté aberto ao tráfico a rúa Parada Justal.

Pola súa banda, desde o Concello lembran que nasa prazas e vías do centro histórico instalarase o Mercado Medieval, polo que estarán pechadas ao tráfico, así como rúa Ponte Pedriña, á que só se poderá acceder pola rúa Avilés de Taramancos até o cambio de sentido.

 

0.16852688789368