Resultado histórico para o Club Deportivo Ourela no Campionato Galego de Grupos Show e Cuartetos

O Club Deportivo Ourela logou este pasado domingo un resultado histórico tras conseguir a terceira posición na categoría de Cuarteto Junior no Campionato Galego de Grupos Show e Cuartetos de Patinaxe Artístico, cunha puntuación de 26,98 puntos.
Con este cuarteto, formado por Aldara, Sandra, Sofía e Vega, o club regresaba a un campionato nacional en categoría show despois de 10 anos, abrindo a competición coa coreografía "Guardianas de la luz". Agora, a seguinte parada será a Copa Galega.
Dende o club destacan que este resultado “non foi froito da casualidade, senón a representación de todo o traballo e esforzo das nosas patinadoras durante o ano” e amosan o seu orgullo polos logros obtidos. Ademais, agradecen especialmente aos patrocinadores, colaboradores e ás familias que fixeron posible este histórico resultado.