Rivo avoga polo liderado feminino na III edición do Club de Redeiras

OurenseXa
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, participou no III Club de Redeiras en Ourense, organizado por AJE Ourense
Redeiras_Aje
Elena Rivo, conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, no III Club de Redeiras en Ourense, organizado por AJE Ourense
8 Mar 2024

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, participou na III edición do Club de Redeiras, organizado por AJE Ourense, no que a representante autonómica puxo en valor a capacidade das galegas de cambiar a sociedade para facela máis inclusiva e tolerante.

Rivo tomou parte nun coloquio con mulleres, no que incidiu no liderado das traballadoras que, coas súas habilidades, contribúen a mellorar as contornas e a avanzar na igualdade nas súas contornas.

A conselleira avogou por unha Galicia inclusiva, sen estereotipos, que invista na formación das novas xeracións para unha sociedade sen desigualdades.

A Xunta de Galicia está a traballar con campañas como Ti Elixes nos centros escolares,  co que se están a fomentar as vocacións das mulleres nas disciplinas que elixan, sen influír o xénero. Tamén está a desenvolver iniciativas cos máis novos para dar a coñecer a mulleres referentes de todos os ámbitos, principalmente de sectores masculinizados, nos que desenvolven traxectorias prósperas e de éxito.

No encontro, ademais da conselleira, participaron as gañadoras da iniciativa emprendedora AJE Ourense María Álvarez e Ángela Martínez; a influencer ourensá, Rocío Meiriño e a educadora social de Cruz Vermella, María Iglesias.

0.19941401481628