Ruber Domínguez renuncia como adestrador do Ourense CF
OurenseXa
O adestrador vén de facer pública a súa dimisión á fronte do primeiro equipo
22 Out 2024
Rubén Domínguez anuncia a súa renuncia como adestrador do Ourense CF tras un mal inicio de tempada. Domínguez asegura que a decisión non foi fácil pero o que fai porque “este club e este persoal merecen a oportunidade de tentalo desde outra enerxía”. Iso si, asegura que seguirá apoiando ao club desde fóra.
O adestrador deixa baleiro o banco do Ourense CF despois de conseguir o seu ascenso a Primeira RFEF tras proclamarse campións de Segunda Federación.
Na súa carta de despedida, Domínguez tivo palabras de agradecemento para a súa familia e amigos, pero especialmente para o Club, e asegura sentirse “moi afortunado” de poder estar á fronte do conxunto ourensán durante sete anos consecutivos.