Sae á luz unha presunta trama de corrupción na Deputación de Ourense nos anos dos Baltar

OurenseXa
O Diario Público vén de publicar unhas grabacións nas que se fala dunha suposta compra dun Rolls-Royce a cambio dunha praza na institución provincial
pazo-provincial-deputacion-de-ourense-recurso
José Manuel Baltar
7 Maio 2024

O Diario Público vén de publicar unhas grabacións dun ex alto cargo da Deputación de Ourense que desvelarían unha presunta rede de corrupción dentro da institución provincial durante os anos nos que a familia Baltar ostentaba a presidencia da mesma.

O citado medio publicou esta mañá unhas grabacións efectuadas por un ex alto cargo da Deputación de Ourense nos que se fala, presuntamente, de pagos millonarios e regalos aos Baltar a cambio de empregos. Concretamente, o diario publica que durante os anos nos que a institución estivo dominada polos Baltar, podíase obter unha praza de funcionario a cambio dun Rolls-Royce.

Nos audios publicados esta mañá, un empresario de A Rúa, fala dunha suposta compra dun Rolls-Royce por valor de sete millóns pesetas (42.000 euros) a cambio dunha praza de funcionaria para a súa irmá, según a información de Público. Os feitos aconteceron, presuntamente, fai máis dunha década.

José Luis Baltar foi presidente da Deputación de Ourense dente o ano 1990 ata 2010, cando cedeu o cargo ao seu fillo, José Manuel Baltar, que estaría a cargo da institución provincial ata 2023.

0.19651317596436