San Cibrao das Viñas abre as piscinas municipais de Pontenoalla e Soutopenedo
OurenseXa
A tempada de verán no Concello de San Cibrao das viñas arranca o vinderio 22 de xuño
16 Xuño 2024
O Concello de San Cibrao das Viñas vén de anunciar que as piscinas municipais de Pontenoalla e Soutopenedo abrirán a público o vindeiro sábado, 22 de xuño.
O horario das piscinas será de 13.00 a 21.00 horas durante todos os días da semana. A tempada de verán prolongarase, previsiblemente, ata o vindeiro mes de septembro.
San Cibrao súmase así á lista de concellos de dan por inaugurada a tempada de verán, liderados polo concello de Ourense que ten abertas as piscinas municipais desde o pasado 7 de xuño e que acaba de anunciar que abrirá tamén as atraccións de auga dos parques infantís da cidade.