San Cibrao das Viñas e Pereiro de Aguiar abrirán un novo servizo conxunto de asesoramento técnico en materia de vivenda
OurenseXa
A nova oficina estará en marcha a partir do vindeiro mes de febreiro
Marta Novoa e Luis Menor
23 Jan 2025
A partir de febreiro, o Concello de San Cibrao abrirá un novo servizo conxunto de asesoramento técnico en vivenda. A iniciativa, explican dende o Concello, é posible grazas á colaboración entre a alcaldesa, Marta Novoa, e o alcalde de Pereiro de Aguiar, Luis Menor.
O programa ofrecerá información e asesoramento sobre axudas públicas en materia de alugueiro, compra, rehabilitación, así como apoio no uso de materiais autóctonos que bonifican ata un 50% o custo das obras ata un máximo de 40.000 euros, e atención personalizada prestada por técnicos especialistas na materia.
A oficina abrirá o vindeiro mes de febreiro e atenderá os xoves entre as 9.00 e as 14.00 horas.