San Cibrao das Viñas acolle este domingo a XVI edición da súa Andaina Popular
O Concello de San Cibrao das Viñas, a través da concellería de Deportes, Turismo e Xuventude, organiza este domingo, 22 de setembro, a XVI Andaina Popular San Cibrao das Viñas.
O punto de partida desta ruta, que arrancará ás 10.00 horas, será a área recreativa da Boutureira. De ahí, os parcipantes percorrerán dous tramos diferentes, un de 8 quilómetros con inicio en fin no punto de partida e que percorrerá A Venda, A Igrexa, A Serra Penedo e A Torre, e outro tramo circular de 7 quilómetros que partirá tamén da Boutureira e que pasará por Vilanova, Outeiro Calvo e O Pontón para regresar ao punto de partida.
Desde o Concello lembran que o número máximo de participantes será de 300 persoas e que os dorsais aínda poderanse recoller o propio domingo ás 9.30 horas, antes do inicio da proba.
Todos os participantes que rematen a proba terán dereito a un agasallo conmemorativo. Ademais, haberá premio para os clubes con máis participantes e un sorteo de agasallos para todas as persoas que participen na proba.