San Cibrao das Viñas avanza na recuperación da zona da Carballeira
OurenseXa
A alcaldesa de San Cibrao das Viñas, Marta Nóvoa, explica en que esta actuación consistirá na derriba dunha edificación sen rematar na zona da Carballeira

4 Nov 2024
A alcaldesa de San Cibrao das Viñas, Marta Nóvoa, reuniuse esta mañá con técnicos especializados pra levar a cabo a derriba dunha edificación sen rematar na zona da Carballeira e que, según explica a propia alcaldesa, "afecta á estética da zona".
A iniciativa forma parte do proxecto para recuperar áreas e destínalas "ao desfrute da comunidade", sinalan desde o Concello, que tamén contempla obras de acondicionamento na praza e en varias rúas desta área, mellorando a súa accesibilidade.