San Cibrao das Viñas inaugura a humanización da Praza na Carballeira

A actuación contou cun investimento de 220.000 euros, financiados a través do Plan Provincial de Cooperación 2025 da Deputación Provincial de Ourense e o Concello
praza-carballeira-san-cibrao
23 Mar 2026

O pasado venres celebrouse a inauguración oficial da humanización da Praza na Carballeira, nun acto no que a veciñanza foi a gran protagonista, enchendo este espazo de vida e actividade.

A actuación contou cun investimento de 220.000 euros, financiados a través do Plan Provincial de Cooperación 2025 da Deputación Provincial de Ourense en colaboración co Concello. O proxecto permitiu mellorar a pavimentación de varias rúas da contorna, creando un espazo máis accesible, seguro e pensado para o disfrute diario de todos e todas.

Coa finalización destas obras, o Concello de San Cibrao das Viñas aposta pola mellora da calidade urbana e pola creación de espazos públicos que fomenten a convivencia e o benestar da veciñanza.

0.12408399581909