San Cibrao das Viñas mantén aberto o prazo para participar no XIII Concurso de Fotografía de Nadal ata despois de Reis

O xurado valorará a creatividade, orixinalidade, temática navideña e calidade fotográfica
concurso-nadal-san-cibrao
27 Dec 2025

O Concello de San Cibrao das Viñas mantén aberto o prazo de inscrición para o XIII Concurso de Fotografía de Nadal “San Cibrao en Nadal” ata o próximo martes 7 de xaneiro de 2026, ás 23:59 horas.

Os participantes poden enviar unha única fotografía orixinal, actual e sen marcas de auga, en cor ou en branco e negro, cun peso máximo de 10 MB, que deben enviar por correo electrónico a cultura@sancibrao.es.

O xurado valorará a creatividade, orixinalidade, temática navideña e calidade fotográfica, asignando un 25% a cada un destes criterios. O concurso conta con dúas modalidades, adulto e infantil, e ofrece premios para ambas categorías.

⚙ Configurar cookies
0.080806970596313